Club de Patinaxe Sarela

CAMPAMENTO PATINAXE ARTÍSTICA
CP SARELA 2026
Por sexto ano consecutivo, o noso club realizará un campamento de Patinaxe Artística dirixido á conciliación das familias e á práctica do deporte e da patinaxe.
O campamento terá lugar nas seguintes datas:
-
Quincena do 15 ao 31 de xullo de luns a venres
-
Quincena do 3 ao 14 de agosto de luns a venres
HORARIOS:
O horario de recepción do alumnado será de 8:30 a 10:00 hrs.
O horario de recollida do alumnado será de 13:30 a 14:30 hrs.
Será imprescindible que unha persoa autorizada, titor/a, nai ou pai asine tanto na entrada como na recollida da/o menor.
Durante cada xornada as nenas e nenos farán tanto actividades relacionadas ca patinaxe (danza, flexibilidade, coreografía…) como actividades de lecer, e convivencia. Ademáis, cando se atopen no Pavillón Municipal acudirán á piscina municipal se o tempo o permite (sempre baixo supervisión do monitorado do campamento como do servizo de socorrismo da piscina municipal).
Non é necesario saber patinar para inscribirse.
INSTALACIÓNS: o campamento realizarase no PAVILLÓN MUNICIPAL DE BERTAMIRÁNS e instalacións anexas.
PREZOS:
O pago realizarase mediante transferencia bancaria indicando no concepto: campamento de verán + nome da/o nena/o.
PATINADORAS E PATINADORES DO CLUB:
-
Quincena: 125 € por persoa, 100 € en caso de segundo/a irmá/n e sucesivos/as.
-
Dúas quincenas: 215 € por persoa, 190 € en caso de segundo/a irmá/n e sucesivos/as.
NON PATINADORES E PATINADORAS DO CLUB:
-
Quincena: 165 € por persoa, 140 € en caso de segundo/a irmá/n e sucesivos/as (inclúe seguro médico)
-
Dúas quincenas: 285 € por persoa, 260€ en caso de segundo/a irmá/n e sucesivos/as (inclúe seguro médico).
O pago realizarase mediante transferencia bancaria indicando no concepto: campamento de verán + nome da/o nena/o.
IDADES:
Poderán inscribirse no campamento as nenas e nenos de entre 5 e 17 anos.
INSCRICIÓNS:
O número de prazas do campamento é limitado. A adxudicación das prazas respetará a riguros orde de inscrición tendo sempre prioridade as nenas e nenos que pertencen ó club.
Para realizar a inscrición:
-
Mandar un correo electrónico ó club solicitando a inscrición.
-
Cubrir e enviar a inscrición xunto co xustificante de pago (concepto: campamento de verán + nome da nena ou neno)
-
En caso de desistir na inscrición, poderá solicitarse a baixa ata 15 días antes do comezo da quincena inscrita. Vencido este prazo, non se fará a devolución do importe aboado.
-
O primeiro día de campamento deberá achegarse igualmente a folla de inscrición cuberta en formato papel.
MERENDAS:
As nenas e nenos participantes deberán levar tódolos días unha merenda para media mañá e unha botella de auga.
* Ademais, deberán ter protección solar na súa mochila, traxe de baño e toalla. Aquelas nenas ou menos que non saiban nadar correctamente, deberán ter disponible algún mecanismo que garanta a flotabilidade.
CONTACTO PARA MAÍS INFORMACIÓN:
-
Tlf: 717714221
ENLACE PARA FORMALIZAR A INSCRICIÓN:
*En caso de non cubrise un número mínimo de inscritos, o campamento poderá ser cancelado (en caso de suceder só nunha quincena, suspenderase só a que non acade o mínimo necesario para levarse a cabo).